Thursday 16 de May de 2024

Alcaldías independentes piden paso na FEGAMP


En Galicia hai 29 concellos con gobernos independentes que non se senten representados no ente supramunicipal.

 

Os máis de 300.000 galegos e galegas que viven en concellos gobernados por alcaldías independentes deben estar representados nos órganos de goberno da Federación Galega de Municipios e Provincias, que celebra o 15 de novembro a súa Asemblea Xeral.

Os 16 postos directivos repártense entre os 10 membros do PSOE, os 4 do PP e 2 do BNG, pero deberan responder a unha lóxica menos perversa e incluír alguén que represente aos 29 concellos independentes dos 3 principais partidos. Así o fixo saber o rexedor de Oleiros a representantes municipais deses municipios para tomaren unha decisión conxunta algo antes da xuntanza municipalista.

García Seoane aspira a que a entrada das entidades independentes neste órgano aportaralle algo de vida, pois a Federación debe ser un ente moito máis activo en relación a moitas políticas que competen aos municipios, como a xestión das augas, o patrimonio, estradas, planeamento, etc, en especial na interlocución con instancias administrativas supralocais.